Blogia
vgomez

COMO PAGAR A SUBSCRICIÓN ANULA DE WHATSAPP

COMO PAGAR A SUBSCRICIÓN ANULA DE WHATSAPP

WhatsApp / Imaxe: bittonet.com 


Cando expira a licenza gratuíta de WhatsApp de uso dun ano, é necesario pagar unha cota de subscrición para continuar gozando do servizo sen incómodos contratempos.

O prezo de WhatsApp dunha subscrición anual é de 0,73 euros. As subscricións son acumulativas, de modo que se pagamos por un ano adicional de servizo, se ampliará un ano máis a subscrición actual. Cabe ter en conta que se borramos a aplicación e a volvemos descargar, non cambia de ningún xeito a subscrición.

Á hora de aboar a cota, WhatsApp ofrece tres opcións:

Google Wallet: Podemos pagar mediante unha tarxeta de crédito, débito ou unha tarxeta regalo. Así mesmo, é posible aboar a cantidade a través do noso operador de telefonía, de forma que o pagamento aparecerá reflectido na factura, aínda que non todas as compañías ofrecen esta alternativa.

Paypal: A forma máis doada e segura de pagar a cota é mediante Paypal. Para iso deberemos ter aberta unha conta nesta plataforma de pagamento online.

Enviar enlace de pagamento: Esta última opción ten a vantaxe de que mediante un enlace podes pagar WhatsApp dende o ordenador ou outro dispositivo, ou ben pedirlle un amigo que pague por ti (non necesita acceso ao teu móbil). Outra vantaxe é que non se gardará no teu teléfono ningún contrasinal nin datos de tarxetas de crédito.

Unha advertencia sobre o sistema de enlace: o número de teléfono forma parte da dirección do enlace, polo que só débese usar o xerado pola nosa conta de WhatsApp. Cada número dispón do seu propio enlace.

FONTE: Xornal Faro de Vigo

0 comentarios