Blogia
vgomez

QUE É A ELA?

QUE É A ELA?

Por que se produce a ELA? / Imaxe:Rodrigo Silva/Xornal El Mundo

 

A Esclerose Lateral Amiotrófica é unha enfermidade dexenerativa que afecta ás células nerviosas do sistema motor. Este é o encargado de controlar o movemento reflexo e voluntario, o que provoca que ao diminuír o funcionamento deste tipo de células xérese debilidade e atrofia muscular.

Atendendo á súa denominación, a palabra “esclerose” fai referencia ao endurecemento do tecido nervioso tras a súa dexeneración, mentres que o conxunto deses nervios que se atopan a ambos os dous lados da espiña dorsal fai que se lle asigne ao nome da enfermidade o termo “lateral”. Como consecuencia diso aparece a atrofia muscular á que se lle concede o vocábulo “amiotrófico”.

Descoñécese a orixe e as causas desta afección aínda que algúns expertos teorizan sobre algúns posibles factores que poderían ter relación con esta: o compoñente xenético como o seu detonante, unha alteración concernente ao crecemento neuronal na que se desencadea o suicidio destas vitais células nerviosas…

A media de idade na que a Enfermidade Lateral Amiotrófica comeza a facer a súa inmersión oscila entre os 40-70 anos, aínda que iso non descarta que se poida producir en persoas máis novas.

Entre as súas características cabe mencionar que non se trata dunha enfermidade contaxiosa, aínda que a súa incidencia na poboación española é de 1 por cada 50.000 habitantes, afectando en maior número a varóns.

O diagnostico da enfermidade é complexo xa que non existe unha avaliación definitiva, senón que un neurólogo especialista debe examinar por completo o paciente atendendo así mesmo ao seu historial médico. A realización dun electromiograma é fundamental para determinar o estado dos nervios e músculos.

En canto ao seu tratamento non existe cura, sendo os tratamentos de control e os paliativos as únicas alternativas para mellorar a calidade de vida dos afectados. A esperanza de vida dos pacientes varía en cada caso.

Hai moitos afectados por esta enfermidade, un dos máis coñecidos é o físico e científico Stephen Hawking.

FONTE: Xornal Faro de Vigo

0 comentarios