Blogia
vgomez

HOXE PASA PRETO DA TERRA O ASTEROIDE 2014 RC

HOXE PASA PRETO DA TERRA O ASTEROIDE 2014 RC

Traxectoria do asteroide 2014 RC / Imaxe: slate.com 

 

Un asteroide duns 20 metros de diámetro, descuberto hai só uns días e denominado 2014 RC, pasará preto da Terra hoxe domingo. Preto significa aproximadamente 34.000 quilómetros da superficie do planeta, dez veces máis preto que a Lúa, seguindo unha traxectoria que pasa a menor altura que a órbita xeoestacionaria (36.000 quilómetros) na que operan moitos satélites de telecomunicacións e meteorolóxicos. Non supón ningunha ameaza para a Terra ou para eses satélites, dixo a NASA. Cocretamente, ás 20.18 hora peninsular, o obxecto celeste pasará sobre Nova Zelanda.

O 2014 RC foi descuberto o pasado 31 de agosto polo sistema de Rastrexo Celeste Catalina, en Arizona (EUA) e, independentemente, unha noite despois, polo telescopio Pan-Starrs 1, en Hawai. Os astrónomos estimaron o tamaño do obxecto, eses 20 metros aproximados, polo seu brillo.

No seu paso preto da superficie terrestres, o 2014 RC será un obxecto escuro, invisible a simple vista, pero poderase observar con telescopios mesmo de astrónomos afeccionados, sinala a axencia espacial estadounidense. O asteroide volverá no futuro, dada a órbita que segue, ás proximidades da Terra, pero os expertos non identificaron polo momento encontros perigosos.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

0 comentarios