COMEZA O CURSO 2014/2O15
O comezo de curso afecta a toda a familia / Imaxe:deficcionesyrealidades.com.mx
Rematadas as probas extraordinarias de setembro e os prazos de matrícula, comeza oficialmente o curso 2014/2015 no noso IES. Este será o calendario de inicio:
Luns, día 15 de setembro. Comezo oficial do curso. Presentacións:
- 1º ESO: 12:30 horas
- 2º ESO: 13 horas
- 3º ESO: 13:15 horas
- 4º ESO: 13:30 horas
- 1º Bacharelato: 16 horas
- 2º Bacharelato: 16:30 horas
- Ciclos: 16:50 horas
Martes, día 16 de setembro: Comezo das clases:
- 1ª hora (8:20-9:10): Titor, horarios...
- 2ª hora e sucesivas (9:10-14:00): Clase segundo o horario.
O resto do curso estará marcado polo calendario escolar. Estes son os aspectos máis salientables do memo:
- Vacacións de Nadal: desde o día 22 de decembro de 2014 ata o día 7 de xaneiro de 2015, ambos inclusive.
- Vacacións de Entroido: días 16, 17 e 18 de febreiro de 2015.
- Vacacións de Semana Santa: desde o día 30 de marzo ata o 6 de abril de 2015, ambos inclusive.
- Días non lectivos: Día do Ensino (o 31 de outubro de 2014) e dúas festas locais (23 de setembro -día de Santa Trega- e unha por determinar polo Consello Escolar)
O curso rematará, a efectos lectivos, o día 19 de xuño de 2015.
Se queres coñecer polo miúdo este calendario escolar só tes que premer AQUÍ.
0 comentarios