ERUPCIÓN DO VOLCÁN ONTAKE
O volcán Ontake en erupción nesta fin de semana / Imaxe:alertacatastrofes.com
A natureza manten o seu ritmo vital e cada pouco maniféstase. Esta fin de semana produciuse a violenta erupción do volcán xaponés Ontake.
O Ontake é un volcán situado na illa de Honshu, a 200 quilómetros de Tokyo. É o segundo volcán máis alto de Xapón, cunha altura máxima de 3.067 metros sobre o nivel do mar, só superada polos 3.776 metros do Fuji. Considerouse inactivo ata outubro de 1979, cando comezou unha serie de erupcións. Tamén houbo erupcións menores en 1991 e 2007.
Nesta última erupción causou polo momento unha trintena de mortos e decenas seguen desaparecidos. Os falecidos son todos escaladores que se viron sorprendidos pola erupción e quedaron inconscientes probablemente pola inhalación de fume tóxico e cinza ou tras ser golpeados polos entullos que o monte leva chuspindo dende onte. Outras 45 persoas seguen desaparecidas, mentres centos de persoas se encontraban nel, un destino moi popular entre excursionistas e máis durante os meses de outono.
FONTE: Xornal El Pais/Medio Ambiente
0 comentarios