Blogia
vgomez

UN ESCUDO INVISBLE COMO O DE STAR TREK DESCUBERTO A MILES DE QUILÓMETROS SOBRE A TERRA

UN ESCUDO INVISBLE COMO O DE STAR TREK DESCUBERTO A MILES DE QUILÓMETROS SOBRE A TERRA


Os electróns chocan contra esta barreira invisible coma se existira un muro de cristal no espazo / ANDY KALE, UNIVERSITY OF ALBERTA

Un equipo da Universidade de Colorado (EUA) descubriu a uns 11.500 quilómetros sobre a Terra un escudo invisible que bloquea os chamados "electróns asasinos", unhas partículas que circulan arredor do planeta a unha velocidade próxima á luz e que supoñen unha grande ameaza para astronautas, satélites e sistemas espaciais durante as intensas tormentas solares.

Esta barreira para o movemento das partículas apareceu nos cintos de radiación de Van Allen, dous aneis que están cheos de electróns e protóns de alta enerxía. O autor principal do traballo, Daniel Baker, explicou na revista Nature que este cinto está retido no seu lugar polo campo magnético da Terra e se incha e contráese periodicamente en resposta ás perturbacións de enerxía entrantes dende o Sol.

Os cintos de Van Allen considéranse o primeiro descubrimento importante da era espacial -en 1958- e o seu achado determinou que estaban formados por un cinto interior e outro exterior que se estendían máis de 40.000 quilómetros por enriba de superficie da Terra. En 2013, Baker dirixiu un equipo que utilizou dúas sondas xemelgas da NASA para descubrir un terceiro anel transitorio, o "anel de almacenamento", situado entre os cintos e que parece ir e vir dependendo da intensidade do clima espacial.

O último misterio sobre este obxecto celeste xira en torno a un límite "extremadamente forte" existente no bordo interior do cinto exterior, a 11.500 km de altura, que parece bloquear os electróns ultrarrápidos impedindo que entren na atmosfera terrestre.

Os autores deste traballo, que foi publicado en "Nature", pensaron nun principio que os electróns altamente cargados, que se moven en bucle arredor da Terra -a máis de 160.000 quilómetros por segundo- vanse á deriva lentamente cara á atmosfera superior e son gradualmente aniquilados pola interacción coas moléculas de aire. Pero a barreira impenetrable, vista neste novo estudo, non deixa aos electróns chegar tan lonxe.

Para o autor, "a clave é manter a observación da rexión con exquisito detalle". "Se o Sol realmente logra arruinar a magnetosfera da Terra cunha exección de masa coronal (CME), sospeito que abrirá unha brecha no escudo por un período de tempo", engadiu.

FONTE: Xornal abc/ciencia

0 comentarios