EMBRIÓN DE TRES PAIS XENÉTICOS
Esquema do procedemento / Imaxe: sociedad.elpais.com
Os deputados británicos decidiron onte dar luz verde a unha polémica técnica que utiliza o ADN de tres persoas na reprodución asistida, a fin de evitar a transmisión de enfermidades xenéticas incurables.
O procedemento, que foi desenvolvido por investigadores de Newcastle (no nordés de Inglaterra), utiliza unha versión modificada da fertilización in vitro para reunir material xenético dos dous pais máis o dunha terceira persoa. A técnica está pensada para casos como as enfermidades mitocondriales, que son resultado do fracaso no funcionamento das mitocondrias.
As mitocondrias son partes constitutivas das células do organismo, cuxa función é a de xerar a enerxía necesaria para manter a vida e correcta función dos órganos. Estes problemas, que pasan de nai a fillo, poden producir danos cerebrais, perda de masa muscular, fallo cardíaco e cegueira.
Os bebés que nazan grazas a esta técnica terían un 0,1 % do ADN dunha segunda «nai» e o cambio xenético establecido no procedemento sería permanente xa que pasaría aos seus descendentes.
A Autoridade de Embriología e Fertilización Humana aprobará a licenza para que se empece a aplicar a técnica, co que o primeiro bebé que naza con material xenético de tres persoas será o ano próximo.
FONTE: Xornal La Voz de Galicia/Ciencia
0 comentarios