Blogia
vgomez

CONTOS QUE NON SON CONTOS: "CHAO DA MOURA"

CONTOS QUE NON SON CONTOS: "CHAO DA MOURA"

Encima da pía (refírese a unha pía megalítica emprazada nun lugar preto da aldea de Francelos, pertencente a o termo municipal de Rivadavia-Ourense) púñase ás veces una moura que peiteaba os sesus cabelos cun peite de ouro.

Eran moitos os que de lonxe a viran, pero ninguén se achegou a ela polo temor que inspiran as cousas que non son do noso mundo. Pero un día, un mozo máis valente que os demais achegouse até alí e estableceu conversación coa moura, quen lle contou que tanto ela como un grande tesouro  que lle pertencía estaban encantados, e que se el quería axudarlle viñese nunha noite que determinarían , e que se lle presentaría en figura de serpe cun caravel na boca, e que el, que estaba demostrando gran valor polo mero feito daquela conversación, non tería que facer outra cousa que deixarse abrazar polo réptil e retirar cos seus beizos o caravel que a serpe levaría na boca.

Foi o mozo á pía onde a moura adoitaba peitearse na noite que sinalaron; apareceu o réptil co varavel na boca, tal como llo anunciara, avanzou até el, envolveuno nos seus aneis e presentoulle, preto dos seus beizos a flor para que el lla arrebatase, pero o mozo, ao verse naquela situación, sobrecollido de medo ou de noxo, soltouse violentamente da serpe, que caeu morta, e no mesmo instante o monte no que estaba tremeu cun ruído enorme, e fíxose chan como está hoxe, e como recordo de tal suceso aínda se chama aquel sitio "Chao da Moura".

FONTE: Almanaque Agrixola ZZ 2015

0 comentarios