QUE É O PERMAFROST?
Este termo define á capa do subsolo da codia terrestre que se atopa permanentemente conxelada.
Ten unha idade xeolóxica de máis de 15.000 anos, e agora está en continuo desxeo, proceso polo cal libera á atmosfera moitas toneladas de metano e dióxido de carbono.
Tamén chamado permaconxeamento ou permaxel, o seu estudo serve para rexistrar as temperaturas do planeta nos últimos séculos. Para chegar a coñecelas, os investigadores perforan o seu interior e extraen unha serie de mostras, que achegan información acerca das variacións climáticas.
O permafrost pode dividirse en dúas capas: perxelisolo, que é a máis profunda, e molisol, a máis superficial e que tende máis doadamente a desconxelarse. A maior parte do permafrost encóntrase en Noruega, Siberia, Tibet, Canadá, Alasca e algunhas illas como as Illas Georgias do Sur, situadas no Océano Atlántico sur.
FONTE: Revista Muy Intersante
0 comentarios