AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
Hoxe, día 2 de setembro, comeza o prazo de presentación, que durará un mes, de axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.
Solicitarase a axuda no centro no que estean escolarizados os seus fillos onde, unha vez constatado o cumprimento dos requisitos, se lles facilitará un vale de 50 euros por neno que poderán consumir nos establecementos adheridos ao programa é o 31 de outubro de 2015. Estas bolsas serán complementarias ao uso do fondo público de libros de texto ou ás axudas á adquisición de libros de texto, segundo sexa o caso.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou onte no Diario Oficial de Galicia a orde de convocatoria. Os requisitos poden consultarse premendo AQUÍ.
FONTE: Consellería de Educación e O.U.
0 comentarios