O CARACOL MÁIS PEQUENO DO MUNDO
Un equipo internacional de científicos liderado pola Universidade de Shinshu (China) descubriu na provincia de Guangxi (China) unha nova especie de minúsculo caracol de terra: Angustopila dominikae. A súa cuncha é tan pequena (na súa parte máis ancha mide tan só 0,86 milímetros) que poderían caber case 10 exemplares no ollo dunha agulla. O achado foi publicado na revista ZooKeys.
Os investigadores acharon ata sete novas especies de caracois terrestres pero, sen dúbida, o bautizado como Angustopila dominikae, podería ser o caracol máis pequeno do mundo descuberto ata agora. Existen moi poucas especies que mostren este grao de enanismo polo que atopar exemplares vivos é unha tarefa máis que difícil.
De entre as sete especies descubertas, outro dos caracois estivo a piques de superar este récord de tamaño. Os científicos bautizaron a esta especie como Angustopila subelevata e é tan só unha centésima de milímetro maior que a outra especie (é dicir, a parte máis ancha da cuncha mide 0,87 mm).
“Os extremos no tamaño do corpo dos organismos non só atraen a atención do público, senón que suscitan interese en canto á súa adaptación á contorna. Estudar os caracois de terra de cunchas diminutas é importante para avaliar a biodiversidade e a historia natural, así como para establecer as bases para o estudo da evolución do enanismo nos animais invertebrados”, aclaran os científicos.
FONTE: Sarah Romero / Revista Muy Interesante
0 comentarios