A fin do Universo chegará moito antes do que cremos
A cor azul nesta ilustración indica como se vería a chamada "radiación de Hawking" nun buraco negro supermasivo. Stephen Hawking afirmaba que "todo no universo está condenado a evaporarse" / NASA/JPL-Caltech
A fin do universo chegará antes do previsto, segundo un novo estudo de científicos neerlandeses. Pero, que non renda o pánico! Aínda quedan 10 elevado a 78 anos para que isto ocorra, é dicir, unha cifra con 78 ceros.
Trátase dunha importante revisión da estimación anterior de 10 elevado a 1.100 anos, afirma o estudo da Universidade de Radboud, publicado na revista Journal of Cosmology and Astroparticle Physics.
"A fin do Universo ocorrerá moito antes do previsto, pero afortunadamente aínda falta moito tempo", dixo Heino Falcke, autor principal do estudo.
Un trío de científicos de Radboud propúxose calcular o momento en que os corpos celestes máis "duradeiros", as ananas brancas, acabarán extinguíndose.
Os investigadores basearon os seus cálculos no fenómeno da evaporación dos buracos negros, ou radiación de Hawking, que debe o seu nome ao famoso físico británico Stephen Hawking.
A mediados dos anos 70, Hawking expuxo a hipótese de que os buracos negros liberaban unha radiación que provocaba a súa lenta disolución, como unha aspirina efervescente nun vaso de auga.
Os científicos de Radboud aplicaron este principio a outros obxectos do universo, e calcularon que o "tempo de evaporación" dependía da súa densidade.
Esta imaxe da NASA ilustra a evolución do universo desde o "bing-bang" ata a data / NASA/WMAP Science Team/MCT/IMAGO
Pero, non hai que preocuparse demasiado por isto xa que, a menos que atopásemos unha forma de saír deste planeta, a Terra desaparecería moito antes de que o universo se acabe.En efecto, os científicos cren que dentro duns mil millóns de anos, o Sol aumentará o seu brillo, o que fará que as condicións xa non sexan favorables á vida e os océanos se evaporen.E dentro duns 8.000 millóns de anos, a expansión do Sol engulirá a Terra, que para ese entón será estéril e sen vida.
FONTE: dw.com/es
0 comentarios