CAMBIO DE HORA: HORARIO DE INVERNO 2015
Ás 3 será as 2 / Imaxe:lasprovincias.es
O horario vólvese a adaptar ao inverno na madrugada de hoxe, sábado 24 ao domingo 25. Ás 3 da madrugada serán as 2, por tanto teremos unha hora máis para durmir.
O cambio horario nos países europeos, en realidade, remóntase á segunda década do 1900. Alemaña foi o primeiro país que empezou a atrasar as agullas do reloxo para aforrar carbón durante a Primeira Guerra Mundial. A medida contaxiou rapidamente aos países veciños, aínda que España decidiu prescindir do cambio horario a partir dos anos 50. Volveuno a introducir definitivamente en 1973, como moitas outras nacións, con ocasión dunha circunstancia extraordinaria: a primeira crise do petróleo.
Nesta nova etapa do ano, haberá menos luz, anoitecerá antes e os días serán máis curtos. O obxectivo deste atraso de hora é o de reducir o consumo de enerxía e equiparar o comezo da xornada laboral coas horas de luz natural.
Aínda que os datos falan dun aforro do 5% (sobre 300 millóns de euros), o aforro real estímase en 0,5% sobre o consumo nacional dun país, mesmo hai un número relevante de publicacións que manteñen que o seu efecto é nulo ou ata negativo.
Cuestionable!
0 comentarios