EN VIVO E EN DIRECTO

Cabeza antropomorfa atopada / Imaxe: xornal Faro de Vigo
Efectivamente, tal como publica hoxe o xornal Faro de Vigo, fomos testigos en vivo e en directo, 25 alumnos (17 de 1º ESO C e 8 de 1º ESO A), o guía do Monte e 2 profesores, do achado dunha cabeza antropomorfa nas escavacións que veñen realizado no poboado de Mergelina, no monte Santa Trega, durante a visita que estabamos a realizar alumnado do IES A Sangriña.
Trátase dunha cabeza labrada en pedra na que se aprecian as oquedades que corresponden aos ollos e á boca, unha leve protuberancia que podería ser o nariz, a forma das dúas orellas e unha liña de relevo na parte traseira que pode representar a delimitación dun casco ou o cabelo.
A ledicia por parte dos arqueólogos e traballadores da excavación foi moi grande, contaxiada a todos os presentes.
Parabéns!
0 comentarios