Blogia
vgomez

DESVELAN A CAUSA DA EXTINCIÓN DOS MASTODONTES E A MAGAFAUNA DE AMÉRICA

DESVELAN A CAUSA DA EXTINCIÓN DOS MASTODONTES E A MAGAFAUNA DE AMÉRICA

Científicos estadounidenses revelaron que os antepasados dos indios, que se asentaron no Novo Mundo fai 15.000-16.000 anos, foron responsables da extinción dos mastodontes e outros representantes da megafauna de América do Norte e do Sur.

Os investigadores aseguran no seu estudo, publicado na revista "Proceedings of the National Academy of Sciences", que "grazas ao descubrimento do conxunto de indicadores ambientais", faise cada vez máis claro o impacto que as poboacións humanas prehistóricas tiveron no medioambiente.

"As antigas comunidades humanas alteraron radicalmente o funcionamento dos ecosistemas durante decenas e centos de miles de anos", afirma o autor do estudo Todd Surovell, da Universidade de Wyoming, EE.UU.

Para investigar o asunto, Surovell e os seus colegas calcularon o período exacto da extinción de varias especies da megafauna en Alaska, o centro de América do Norte, América Central, Amazonas e o extremo sur do continente. Os especialistas lograron descubrir certo algoritmo segundo o que a extinción "se movía" desde o norte cara ao sur. Este algoritmo, ao mesmo tempo, reflectía a forma na que os humanos se propagaban no Novo Mundo.

Esta coincidencia foi desvelada por primeira vez nos anos 1960 polo famoso paleontólogo Paul Martin, pero a súa teoría foi obxecto de críticas por parte doutros especialistas

FONTE: RT/Ciencia

0 comentarios