Blogia
vgomez

SÓ QUEDAN 3 RINOCERONTES BLANCOS DO NORTE EN TODO O MUNDO

SÓ QUEDAN 3 RINOCERONTES BLANCOS DO NORTE EN TODO O MUNDO

Rinoceronte branco do norte / Imaxe: aztecasonora.com

Nola, unha rinoceronte branca do norte de 41 anos de idade, morreu o domingo no zoo de San Diego (EE UU) e convértese nun novo símbolo da delicada situación dos rinocerontes no mundo. Xa só quedan tres exemplares vivos da súa subespecie no planeta, os rinocerontes brancos do norte. Os tres viven en África, dúas femias e un macho ancián custiodados entre rifles na reserva de Ol Pejeta (Kenia).

Nola atopábase nunha situación moi delicada dada a súa avanzada idade (tamén padecía artrite) e unha infección bacteriana que terminou coa súa vida, uns problemas de saúde que arrastraba desde decembro do ano pasado. Finalmente, os responsables do zoo decidiron acabar coa súa vida cando as complicacións facían inviable a súa recuperación. Nola chegara a San Diego en 1989 desde a República Checa.

As posibilidades de salvar a subespecie de forma natural son nulas, dado que os únicos animais vivos son demasiado maiores para procrear un novo rinoceronte branco do norte, cuxo hábitat se atopaba no centro de África cando roldaban os 2.000 exemplares na década de 1960. Poucos anos despois, en 1984, a súa poboación habíase decimado ata os 15 animais pola caza despiadada para facerse cos seus cornos. En 2006, os furtivos acabaron co último exemplar salvaxe na República Democrática do Congo.

A pesar dos esforzos posteriores, o traballo dos furtivos dera a puntilla a esta subespecie, que algúns investigadores consideran unha especie completamente distinta da do sur. Iste outro grupo aínda mantén uns 20.000 exemplares salvaxes en países como Sudáfrica, Namibia e Zimbabue, grazas a un éxito de conservación que agora tamén podería estar en risco de novo polo devastador efecto do furtivismo.

O destino do rinoceronte branco do norte é unha seria advertencia para outros rinocerontes, como o de Sumatra, do que apenas quedan ao redor dun centenar en Indonesia. En África, os cazadores furtivos están a matar tres rinocerontes ao día nunha sanguenta carreira cara á extinción dos curmáns e irmáns de Nola, os rinocerontes negros e os brancos do sur.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

0 comentarios