Blogia
vgomez

ANIMAIS EXTINTOS XX

Continúo coa serie adicada a animais extintos. A extinción dunha especie animal ocorre cando morre o último membro individual desa especie. Aínda que unha especie pode estar extinta na natureza, a especie non se extinguirá ata que cada individuo, independentemente da súa localización, catividade ou capacidade de reprodución, morrese.

Se onte falamos do Gorrión costeiro escuro, hoxe tócalle o turno á...

20. Vaca mariña de Steller

 

A vaca mariña de Steller (Hydrodamalis gigas) era un deses mamíferos de gran tamaño como as baleas. Existiu na época do holoceno e chegaba a alcanzar ata nove metros de lonxitude (e pesar de 4 a 10 toneladas). Por desgraza, foi cazada ata a extinción en 1768. O naturalista alemán Georg Wilhelm Steller describiu a súa pel como "máis parecida á cortiza dun carballo antigo que á pel dun animal, case impenetrable a unha machada ou á punta dun anzol". Pode contemplarse un esqueleto completo no Museo de Historia Natural de Helsinqui en Finlandia.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza  

0 comentarios