COMEZA O ANTROPOCENO
Antropoceno / Imaxe: rtve.es
Aluminio, formigón, plástico, restos de probas nucleares, lixo, o aumento das emisións de gases de efecto invernadoiro, extinción de animais, especies invasoras en todo o planeta... O impacto da actividade humana sobre a Terra é de tal calibre que estamos ante unha nova era xeolóxica con transformacións xeolóxicas e ecolóxicas das que o ser humano é o principal causante: o Antropoceno.
Ata que punto a actividade humana deixou unha pegada significativa nos estratos xeolóxicos recentes? E, se é así, cando se fixo reconocible esta pegada? O que é un feito é que o 75% da superficie terrestre non cuberta por xeo non está no seu estado orixinal, senón que son paisaxes orixinadas pola acción do ser humano, de maneira directa ou indirecta.
Un grupo internacional de científicos da Universidade de Leicester e do servizo xeolóxico británico (British Geological Survey) está a estudar se a actividade humana ha conducido ao planeta a unha nova era xeolóxica, o Antropoceno, e pregúntanse se esta é visiblemente moi diferente do Holoceno, que durante os últimos 11.700 anos permitiu ao ser humano desenvolver a súa civilización. O estudo publícase na revista Science.
O Holoceno foi unha etapa durante a cal as sociedades humanas han avanzado ao domesticar, gradualmente, a terra e os animais para producir alimentos, construír asentamentos urbanos e beneficiarse dos recursos do planeta, como a auga, os minerais e a enerxía. Con todo, esta nova era, o Antropoceno, está marcada polo rápido cambio ambiental provocado polo impacto do aumento da poboación humana e o incremento do consumo durante a ’Gran Aceleración’ de mediados do século XX. Esta época coincide cun forte crecemento da actividade económica e o consumo de recursos.
A extinción de especies, o aumento de animais domesticados e plantas cultivadas e a gran mestura de especies entre os continentes son os principais indicadores que marcarán a diferenza entre o Holoceno e o Antropoceno, e non poden reverterse aínda que o cambio climático dea marcha atrás.
A modificación do proceso de sedimentación que levou a cabo a acción humana tamén influíu. O cultivo e a construción de estradas poden acelerar o proceso de erosión e o transporte de sedimentos aos ríos. Ao mesmo tempo, a construción de grandes presas (ao ritmo dunha presa ao día durante os últimos 60 anos) limita a cantidade de sedimento que chega ao océano.
Os principais indicadores que comezo do Holoceno non estaban directamente influídos polas forzas humanas, e esa é a diferenza fundamental coa exposta época do Antropoceno. Os humanos tiveron unha influencia crecente nos estratos xeolóxicos ao longo do Holoceno segundo ía aumentando a poboación. O CO2 da atmosfera comezou a aumentar gradualmente co inicio da agricultura e a deforestación, pero non foi ata o 1800 aproximadamente, coincidindo coa Revolución Industrial, que a poboación mundial empezou a crecer de maneira máis rápida e, por tanto, a deixar máis pegada na Terra.
No estudo, onde tamén participan 24 membros do Anthropocene Working Group, deféndese a idea de que os humanos cambiaron o sistema da Terra o suficiente como para producir un gran abanico de sinais nos sedimentos e no xeo, e estas son o bastante singulares para xustificar o recoñecemento dunha era Antropocena na Escala do Tempo Xeolóxico.
FONTE: María Pérez Ávila/Xornal El Mundo/Ciencia
0 comentarios