Blogia
vgomez

A PARTE AVENTUREIRA NA VIDA DE… DARWIN

A PARTE AVENTUREIRA NA VIDA  DE… DARWIN

Retrato de Charles Darwin, á volta da viaxe no Beagle  / Autor: George Richmond

A Charles Darwin (Inglaterra,1809-1882) dificilmente podémolo definir como un aventureiro. E con todo, nun momento crucial da súa vida no que a súa mente práctica levoulle a elaborar unha lista coas vantaxes e inconvenientes da decisión de casar coa súa curmá Emma Wedgwood, non soamente considerou que o matrimonio lle roubaría tempo das súas lecturas ou das súas discusións científicas; tamén temeu que unirse a unha muller impediríalle “ver o continente, ir a América, voar en globo ou facer unha viaxe en solitario a Gales”, como el mesmo escribiu.

O certo é que o naturalista inglés combinaba as calidades de académico e de explorador: era un observador minucioso, un home pragmático e sistemático, pero durante a súa mocidade interesáballe máis cazar e montar dacabalo que dedicarse aos seus estudos. Só realizou un único grande viaxe na súa vida; pero durante o seu periplo de case cinco anos ao redor do mundo a bordo do HMS Beagle, de 1831 a 1836, escalou montañas e percorreu a pé amplas rexións de Suramérica, onde non lle faltou aventura: terremotos, enfermidades, erupciones volcánicas, incidentes con aborígenes e mesmo insurreccións.

A viaxe do Beagle / Imaxe:biografiasyvidas.com

A expedición do Beagle tiña como obxectivo primario a confección de cartas náuticas. Pero o seu labor como naturalista proporcionoulle o material científico necesario para xestar a súa gran obra, a idea da selección natural como forza motriz da evolución das especies; unha teoría que revolucionou a comprensión humana da natureza.

FONTE: bbvaopenmind.com

0 comentarios