Blogia
vgomez

O SOL DESTRÚE O 90% DOS ASTEROIDE QUE SE ACHEGAN Á TERRA

O SOL DESTRÚE O 90% DOS ASTEROIDE QUE SE ACHEGAN Á TERRA

Destrución dun meteorito / Imaxe ilustrativa / Lauri Voutilainen

Un equipo científico internacional da Universidade de Hawai, EE.UU., concluíu que o feito de que haxa tan poucos asteroides no espazo próximo á Terra débese a que estes corpos espaciais se desintegran ao achegarse ao centro do sistema solar, segundo un artigo publicado na revista "Nature".

"O descubrimento de que os asteroides se destrúen ao achegarse demasiado ao Sol foi tan inesperado que estivemos moito tempo estudando e verificando os nosos cálculos", manifestou un dos participantes no estudo.

O estudo demostrou que a cantidade de asteroides que sucan o espazo dentro do sistema solar é dez veces inferior ao que daban por válido os especialistas do equipo do proxecto Catalina Sky Survey, que elaboraron o mapa de asteroides máis detallado ata a data.

Para explicar o fenómeno da desaparición de asteroides, os científicos estudaron o movemento de varios corpos espaciais próximos á Terra e tentaron descubrir os mecanismos orbitais que destrúen os asteroides no espazo ao redor de Mercurio, Venus e a Terra.

Estes cálculos conduciron a resultados sorprendentes. Chegaron á conclusión de que o Sol destrúe os asteroides que se achegan a unha distancia inferior ao equivalente a 15 radios do propio astro, algo que contradi as suposicións da comunidade científica, que ata agora consideraba que o Sol non posúe potencia suficiente para destruír asteroides.

Segundo estimacións dos científicos da Universidade de Hawai, a interacción co Sol pode provocar a desaparición dos asteroides de dúas maneiras distintas:

1.  Ao achegarse ao Sol, o asteroide quéntase e a súa superficie grétase ata que o corpo se fragmenta e convértese en partículas de po que o vento solar e os fotóns de luz esparcen polo espazo.

2. A evaporación de gas interno e a presión da luz poden provocar que os asteroides roten a velocidades moi altas, o que resulta na desintegración do corpo celeste baixo a influencia das forzas centrífugas. Esta teoría apóiaa a existencia de diferentes choivas de meteoros ao redor do Sol que periodicamente iluminan o ceo nocturno visto desde a Terra.

FONTE: RT.com

0 comentarios