ATOPAN UN CAPARAZÓN ENORME DUN ANIMAL PREHISTÓRICO NA ARXENTINA
Unha enorme coiraza semisumergida nun charco de lodo foi descuberta de forma casual nun arroio á beira dunha granxa en Carlos Spegazzini, a uns 40 quilómetros ao sur de Buenos Aires (Arxentina). Os expertos coincidiron en que se trata dun caparazón practicamente completo e nun estado inmellorable (está case intacta) dun gliptodonte, un mamífero prehistórico que viviu hai 10.000 anos.
A peza, achada a un metro de profundidade por albaneis que cavaban para construír unha vivenda na zona, ten dous metros de diámetro e, segundo as primeiras apreciacións dos científicos, corresponde a un gliptodonte novo.
Este antepasado dos armadillos modernos podía chegar a pesar preto de 1,4 toneladas e era oriúndo de América do Sur. A pesar da súa ostentosa constitución, os gliptodontes eran herbívoros e defendíanse dos depredadores grazas ao seu ríxido caparazón a modo de escudo impenetrable.
Extinguíronse no período Cuaternario, hai aproximadamente 10.000 anos, polo que este fósil representaría un dos últimos especímenes dos gliptodontes que conviviron cos primeiros poboadores de América, xa que se extinguiron nun evento coñecido como a Extinción da Megafauna no Cuaternario.
FONTE: revista Muy Interesante/Ciencia
0 comentarios