MATES DE PENSAR (III)
Lapis e bolígrafo / Imaxe: claravarela.com
Solución ao problema do día anterior: 40 lazos. Cada metro de cinta dáme para dous paquetes (1 metro= 2x50 centímetros). Se teño 20 metros, poderei facer 40 lazos. Esta é unha forma de ver por que dividir por 0,5 resulta igual que multiplicar por 2.
E imos coa proposta de hoxe:
Se compro un bolígrafo e un lapis cóbranme 1€. Se o bolígrafo custa 30 céntimos máis que o lapis, canto custa o bolígrafo?
Posibles solución:
- 65 céntimos
- 0,35 €
- 70 céntimos
- Faltan datos
Mañá a solución!
FONTE: JoseÁngel Murcia/verne/elpais.es
0 comentarios