Blogia
vgomez

CRUCIGRAMA XII

VERTICAIS: 1. Illa situada na Ría de Viveiro, fronte a San Andrés de Teixido 2. Illa de forma ovalada, situada na ría de Pontevedra, case ao final, fronte a Poio e Marín, e cun acceso restrixido 4. Arquipiélago situada na entrada da Ría de Pontevedra, formando parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia 5. Nome da illa maior, dun pequeno arquipélago do mesmo nome, da Coruña, fronte á costa de Carnota, en plena Ría de Corcubión 6. Illas que son "a gran xoia do litoral galego", formando un escudo natural da Ría de Vigo 8. Illa sitiada na entrada da Ría de Arousa e que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia 9. Illa situada ao fondo da ría de Vigo, pertencente ao concello de Redondela 11. Illa situada na Ría de Arousa, fronte á vila do O Grove, mundialmente famosa polo termalismo 13. Illa situada na Ría da Coruña e na que se atopa un histórico castelo do mesmo nome.

HORIZONTAIS: 3. Illa situada á entrada da Ría do Barqueiro, no Vicedo 7. Arquipiélago situado na Costa da Morte, xunto á localidade de Malpica de Bergantiños 10. Illa que se atopa case ao fondo da Ría de Arousa, xunto á localidade de Carril (Vilagarcia de Arousa), e que forma parte Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia 12. É a illa máis grande de Galicia, e ademais está habitada (máis de 5000 habitantes) e é un municipio propio dende 1995 14. Illa que se atopa na desembocadura do Eo, na costa do municipio de Ribadeo (Lugo) 15. Antes era un illote, pero a erosión do mar provocou a apertura de tres canles, dos que naceron catro illotes, siuados na zona do Portiño, moi preto da cidade da Coruña.

0 comentarios