Blogia
vgomez

A SONDA JUNO CHEGA A XÚPITER

 

A sonda Juno da NASA fixo historia ao chegar á órbita de Xúpiter tras cinco anos de misión, e converteuse no vehículo que máis se aproxima ao xigantesco planeta gaseoso, co obxectivo de descifrar os seus enigmas e descubrir máis sobre a orixe do sistema solar.

Cara ás 03:54 GMT do martes, a sonda impulsada por enerxía solar incorporouse á órbita de Xúpiter, culminando unha misión que comezou en agosto de 2011 e que busca despexar numerosos interrogantes sobre o maior planeta do sistema solar, tan enorme que nel podería caber a Terra máis de mil veces.


0 comentarios