TEST: CURIOSIDADES DO MUNDO ANIMAL (X)
Músculos do coprpo humano / Imaxe: saberia.com
A contestación á novena pregunta do test é: ESCARAVELLO TITÁN.
O Escaravello Titán (Titanus giganteus) é oriúndo de América do Sur (bosques húmidos tropicais) e mide case 17 centímetros. As súas colosais características non acaban aí pois ten unha mandíbula tan forte que pode romper un lapis de madeira en dúas ou rasgar a pel humana. Cando chega á súa etapa adulta deixan de alimentarse e utilizan as súas mandíbulas para defenderse ou aparearse.
Imos coa pregunta de hoxe:
10. O animal ao que nos referimos ten máis de 2.000 músculos. É...
- A anaconda
- A eiruga
- O caracol
A solución o próximo día e una nova pregunta.
FONTE: Sarah Romero/ Revista Muy Interesante/Natureza
0 comentarios