Blogia
vgomez

O CINE CON CIENCIA

 

Lembrades a película INTERESTELAR?  Unha película de ciencia ficción estadounidense de 2014, dirixida por Christopher Nolan? Nela preséntase un equipo de astronautas que viaxa a través dun buraco de verme en busca dun novo fogar para a humanidade. Interstellar gañou o Óscar aos mellores efectos visuais.

Pois ben detrás desta película estivo o físico teórico Kip Thorne, sendo produtor executivo e participou como consultor científico. No vídeo superior tedes precisamente a Thorne explicando aspectos da citada película.

Actualmente Thorne traballa nunha nova idea para outra película que está a bosquexar xunto aos seus colegas Stephen Hawking e Lynda Obst. E, aínda que non quere dar moitos datos respecto diso, seguro que desas cabezas sairá algo sorprendente. Non pode ser doutra forma en alguén que non concibe pasar un só día “sen tentar comprender algo ou inventar algo. É a esencia da vida

FONTE: José L. Álvarez Cedena/Xornal El País/

0 comentarios