Blogia
vgomez

A PONTE DE CRISTAL MÁIS ALTA E LONGA DO MUNDO

 

China  completou a construción da ponte de cristal máis longo e alto do mundo, unha obra de enxeñería  sobre o gran canón de Zhangjiajie, na provincia chinesa de Hunan.

A ponte ostenta 10 récords mundiais. Ademais de ser o máis alto do planeta (300 metros), tamén é o máis longo (430 metros en total, 375 se soamente cóntase a parte que colga) e conta coa plataforma máis elevada do mundo para practicar puenting e coa randeeira máis longa de Asia. A pasarela está feita de grandes paneis de cristal duns 6 metros de ancho e pode soster a 800 persoas.

A obra, creada polo arquitecto israelí Haim Dotan, foi concibida para ser "o máis invisible posible para non obstruir as vistas", segundo explicou no seu momento o creador.

O investimento total ha alcanzado os 460 millóns de yuans (uns 62 millóns de euros).

Zhangjiajie é un dos parques naturais máis visitados de China e está recoñecido pola Unesco como Patrimonio da Humanidade desde 1992.

Recordades os cumes flotantes da lúa de Pandora en Avatar?

FONTE: Xornal El País

0 comentarios