A NASA ENVÍA A SONDA OSIRIS-REx AO ASTEROIDE BENNU QUE PODERÍA COCAR CON NÓS DENTRO DE 150 ANOS
Hai unha posibilidade entre 2.700 de que o asteroide Bennu, duns 500 metros de diámetro, choque contra a Terra dentro duns 150 anos. Se o fai, creará un cráter duns cinco quilómetros de diámetro, liberando unha enerxía 70.000 veces superior á da bomba atómica de Hiroshima, segundo os cálculos da NASA.
Non hai que preocuparse en absoluto. A probabilidade acumulada de impacto é do 0,037%, e a finais do século XXII. (As probabilidades de morrer nun accidente de tráfico son unha entre 113, segundo os datos de EE UU). Pero o asteroide Bennu, con todo, si pode ter un impacto no coñecemento humano sobre como se formaron os planetas, como empezou a vida na Terra e como de probable é que se orixinase tamén noutros lugares do Sistema Solar.
A NASA lanzará o 8 de setembro ás 19:05, hora local de cabo Cañaveral, a sonda OSIRIS-REx, coa misión de aterrar no asteroide, arrincar fragmentos e volver a casa. A sonda OSIRIS-REx, dunhas dúas toneladas, chegará ao asteroide Bennu en 2018.
Os responsables da misión decidirán o punto de toma de mostras tras mapear a súa superficie. O brazo robótico da misión recollerá o material. Será unha especie de cápsula do tempo dos primeiros momentos do Sistema Solar, que será analizada, se todo sae ben, á súa volta á Terra en 2023.
A misión da NASA ten ademais outro obxectivo: aprender a extraer minerais de asteroides. (Os asteroides están preñados de metais preciosos).
FONTE: Xornal El País/Ciencia
0 comentarios