Blogia
vgomez

ILLAS ESPAÑOLAS MENOS COÑECIDAS VIII

Continúo coa serie adicada a esas illas españolas "menos coñecidas", pero que tamén teñen o seu encanto.

Se onte falamos da Illote de lobos, hoxe tocalle o turno ao Aquipélago Chinijo.

8. Arquipélago Chinijo

O arquipélago Chinijo atópase no nordés das illas Canarias, fronte á costa norte da illa de Lanzarote. É un espazo natural protexido e constitúe a reserva mariña máis grande de Europa con 700 quilómetros cadrados. Intégrano a illa de La Graciosa (a única habitada) e os illotes de Alegranza, Montaña Clara, Roque do Leste e Roque do Oeste, todas pertencentes ao municipio de Teguise.

O termo chinijo significa "pequeno" e é propio do léxico de Lanzarote, onde principalmente se utiliza para referirse cariñosamente aos nenos.

FONTE: gl.wikipedia.org        Imaxes: wwf.es e holaislascanarias.com 

Continuará...

0 comentarios