Blogia
vgomez

NOMES DE XOGO DE TRONOS PARA FORMIGAS

NOMES DE XOGO DE TRONOS PARA FORMIGAS

Nova especie de formiga / Imaxe: baruaja.com

Pheidole viserion e Pheidole drogon. Así foron bautizadas as dúas novas especies de formigas do xénero Pheidole que foron descubertas en Papúa Nova Guinea e nas illas Fiyi. O motivo desta nomenclatura débese a que as espiñas dos seus dorsos lembraron aos investigadores aos famosos dragones de Xogo de Tronos. O traballo foi publicado na revista PloS One.

O xénero Pheidole posúe máis de 1.000 especies repartidas por todo o mundo e, polo xeral, as formigas obreiras adoitan presentar unha mandíbula e unha cabeza moito máis grande con respecto ao seu corpo. Neste caso, as enormes e características espiñas destas dúas novas especies, foron descubertas grazas á utilización dunha nova técnica de imaxe 3D que permite crear mostras dixitalizadas, isto é, a microtomografía.

Así, en lugar de usar a clásica taxonomía (con fotografías, debuxos e descricións), os científicos empregaron para identificalas e nomealas a microtomografía de raios X que permite producir unha resolución moito maior de obxectos tan pequenos como neste caso un par de formigas.

O exame minucioso destas imaxes, unidas ás técnicas tradicionais con obxecto de crear unha mostra dixitalizada en tres dimensións de cada unha das especies descubertas, revelou que o interior destas formigas está repleto de fibras musculares, o que suxire que podían axudarlles a soportar o peso das súas grandes cabezas.

FONTE: revista muy Interesante/Natureza

0 comentarios