NON TE DEITARÁS SEN SABER UNHA COUSA MAIS (X)

Temos 5 sentidos. Afirmación non correcta! / Imaxe: taringa.net
Moitos somos os que na escola estudamos que temos cinco sentidos.
Esta categorización que vén de Aristóteles é incompleta. Temos entre 9 e 20, dependendo da definición que usemos. Estes inclúen a propiocepción, que nos permite saber onde están as diferentes partes do noso corpo, os sensores de temperatura (termocepción), da dor (nocicepción) e mesmo o sentido do equilibrio. Penso que o máis fácil é dividilos en tres grupos: mecánicos (tacto, oído e propiocepción), químicos (gusto, olfacto e os sentidos internos) e a luz.
FONTE: Verne/Xornal El País
0 comentarios