UNHA NOVA ESPECIE DE PTEROSAURIO: ALLKARUEN KOI
Reconstrución artística dun pterosaurio / GABRIEL LÍO
Uns restos craniais en excelente estado de preservación atopados na rexión da Patagonia, en América do Sur, permitiron aos científicos descubrir unha nova especie de pterosaurio do Jurásico Inferior (hai entre 176 e 200 millóns de anos).
O fósil, bautizado como Allkaruen koi (que na lingua nativa tehuelche significa "cerebro antigo"), atopouse en Chubut, na Patagonia arxentina. Os restos inclúen unha caixa craneana magníficamente conservada e sen triturar. Para estudar a anatomía neurocraneal, os investigadores usaron tomografía computerizada para observar o seu interior e o oído interno en tres dimensións. Con estes datos craniais e outras características anatómicas, realizouse despois unha análise filoxenético do grupo ao que pertence.
A investigación publicada na revista PeerJ indica que "Allkaruen mostra un estado intermedio na evolución do cerebro dos pterosaurios e as súas adaptacións á contorna aérea".
Os pterosaurios son un grupo extinto de réptiles voadores que viviron durante a maior parte da era do Mesozoico (hai entre 66 e 250 millóns de anos). O seu corpo adaptouse ao voo grazas a uns ósos máis lixeiros e un díxito máis longo que o resto e sobre o que descansaba unha membrana. Con todo, a neuroanatomía destes exemplares só se coñece grazas os poucos restos que se conservaron en tres dimensións. Este estudo proporciona nova información sobre a orixe, a cronoloxía e a evolución deste grupo de réptiles voadores.
FONTE: Xornal ElMundo/Ciencia
0 comentarios