Blogia
vgomez

XOGOS PARALÍMPICOS RIO 2016

XOGOS PARALÍMPICOS RIO 2016

Logotipo dos Xogos Paralímpicos Rio 2016 / Imaxe: paralimpicos.es

Esta noite terá lugar o acto de apertura dos Xogos Paralímpicos de Río de Xaneiro 2016, a décimo quinta edición dos Xogos Paralímpicos de verán.

Serán un evento multideportivo internacional para atletas con discapacidades que se celebrará entre  o 7 e o 18 diste mes de setembro.

Nel competirán ao redor de 4000 deportistas de 160 países en 528 probas de 23 deportes, baixo o lema “Un mundo novo”.

O  Equipo  Paralímpico  que  representará  a España   estará  formado  por 127 deportistas, 111 deles con discapacidade máis 16 guías, porteiros ou pilotos. A delegación española compoñerana 74 membros máis, entre adestradores, médicos, fisioterapeutas, mecánicvos, tradutores e persoal de apoio e de oficina, o que suma unha expedición total de 201 persoas. 

Os deportistas españois participarán en 15 das 23 disciplinas do programa paralímpico: atletismo, baloncesto  en cadeira de rodas,    boccia,  ciclismo,  fútbol-5  para cegos,  judo,  halterofilia,  natación, piragüismo, tenis de mesa, tenis en cadeira de rodas, tiro con arco, tiro olímpico, tríatlon e vela. 

Toda a información tela premedo AQUÍ.

0 comentarios