Blogia
vgomez

REMATAN OS XOGOS PAROLÍMPICOS

REMATAN OS XOGOS PAROLÍMPICOS

Cartel / Imaxe:juegosolimpicos2016.net

O equipo español concluíu a súa participación nos Xogos Parolímpicos de Río 2016 cunha colleita total de 31 medallas (9 ouros, 14 pratas e 8 bronces) en seis deportes: atletismo, baloncesto en cadeira de rodas, ciclismo, natación, tenis de mesa e tríatlon.

Das 31 medallas españolas, 15 chegaron en probas masculinas (cinco ouros, sete pratas e tres bronces), 15 en competicións femininas (catro ouros, sete pratas e catro bronces) e unha en categoría mixta (de bronce).

España ocupa o posto 11 do medalleiro, onde o primeiro país foi China con 107 medallas. Aínda que o noso país conseguíu una medalla máis de ouro que nos últimos xogos de Londres, o cómputo final foi dunha perda de 11 medallas. Daquela conseguíranse 42 medallas e ocupamos o posto 17 do medalleiro.

Parabéns a todo@s!

0 comentarios