Blogia
vgomez

XOGOS OLIMPICOS 2016

REMATAN OS XOGOS PAROLÍMPICOS

REMATAN OS XOGOS PAROLÍMPICOS

Cartel / Imaxe:juegosolimpicos2016.net

O equipo español concluíu a súa participación nos Xogos Parolímpicos de Río 2016 cunha colleita total de 31 medallas (9 ouros, 14 pratas e 8 bronces) en seis deportes: atletismo, baloncesto en cadeira de rodas, ciclismo, natación, tenis de mesa e tríatlon.

Das 31 medallas españolas, 15 chegaron en probas masculinas (cinco ouros, sete pratas e tres bronces), 15 en competicións femininas (catro ouros, sete pratas e catro bronces) e unha en categoría mixta (de bronce).

España ocupa o posto 11 do medalleiro, onde o primeiro país foi China con 107 medallas. Aínda que o noso país conseguíu una medalla máis de ouro que nos últimos xogos de Londres, o cómputo final foi dunha perda de 11 medallas. Daquela conseguíranse 42 medallas e ocupamos o posto 17 do medalleiro.

Parabéns a todo@s!

XOGOS PARALÍMPICOS RIO 2016

XOGOS PARALÍMPICOS RIO 2016

Logotipo dos Xogos Paralímpicos Rio 2016 / Imaxe: paralimpicos.es

Esta noite terá lugar o acto de apertura dos Xogos Paralímpicos de Río de Xaneiro 2016, a décimo quinta edición dos Xogos Paralímpicos de verán.

Serán un evento multideportivo internacional para atletas con discapacidades que se celebrará entre  o 7 e o 18 diste mes de setembro.

Nel competirán ao redor de 4000 deportistas de 160 países en 528 probas de 23 deportes, baixo o lema “Un mundo novo”.

O  Equipo  Paralímpico  que  representará  a España   estará  formado  por 127 deportistas, 111 deles con discapacidade máis 16 guías, porteiros ou pilotos. A delegación española compoñerana 74 membros máis, entre adestradores, médicos, fisioterapeutas, mecánicvos, tradutores e persoal de apoio e de oficina, o que suma unha expedición total de 201 persoas. 

Os deportistas españois participarán en 15 das 23 disciplinas do programa paralímpico: atletismo, baloncesto  en cadeira de rodas,    boccia,  ciclismo,  fútbol-5  para cegos,  judo,  halterofilia,  natación, piragüismo, tenis de mesa, tenis en cadeira de rodas, tiro con arco, tiro olímpico, tríatlon e vela. 

Toda a información tela premedo AQUÍ.

REMATA RÍO 2016

REMATA RÍO 2016

 Satisfacción / Imaxe: Xornal El Mundo

España regresa con 17 medallas dos xogos de Río 16, non son moitas comparadas coas 23 de Barcelona 2009, ou as 20 de Atenas 2004, ou as 18 de Pekín 2008 ou incluso as mesmas que Atlanta 1996 ou Londres 2012, pero despois de Barcelona con 13 medallas de ouro é nesta de Río 2016 na que máis medallas de ouro se conseguiron: 7. Pero hai un particularidade no medalleiro de Río, as mulleres gañaron máis medallas que os homes (9 mulleres:4-3-2 a 8 homes:3-1-4).

 RÍO 2016

 Posición

País                          

Ouro   

Prata     

Bronce

Total

1

Estados Unidos  

46

37

38

121







2

Reino Unido

27

23

17

67







3

China

26

18

26         

70







4

Rusia

19        

18

19            

56







5

Alemaña

17

10

15

42







6

Xapón

12

8

21

41



7

Francia

10

18

14

42







8

Corea do Sur

9

3

9

21







9

Italia

8

12

8

28







10

Australia

8

11

10

29







11

Países Baixos

8

7

4

19







12

Hungría

8

3

4

15







13

Brasil

7

6

6

19







14

España

7

4

6

17

Parabéns a todos!

Vémonos en  Tokio 2020!

XOGOS OLIMPICOS 2016

XOGOS OLIMPICOS 2016

 Logos e mascota dos xogos Olímpicos de Rio 2016 / Imaxe:www.cogant.cog.org.gt

Os Xogos Olímpicos de Río de Xaneiro 2016, oficialmente coñecidos como os Xogos da XXXI Olimpíada, celebrásense na cidade de Río de Xaneiro (Brasil) entre hoxe, día 5,  e o 21 de agosto.

Durante 17 días, 10.500 deportistas de 206 países deixaranse a alma por conquistar unha medalla olímpica nalgunha das 306 probas de 28 deportes.

As competicións levaranse a cabo en 33 recintos deportivos de catro barrios da cidade: Maracaná, Barra dá Tijuca, Deodoro e Copacabana.

A única excepción serán os eventos de fútbol que se repartirán en São Paulo, Salvador de Baía, Belo Horizonte e a capital Brasília; todas estas cidades foron sedes do Mundial 2014.

Para seguir toda a información destes xogos so tes que premer AQUÍ.