DINOSAUROS AMERICANOS VI
Continúo coa serie adicada aos dinosauros norteamericanos. Se onte falamos do Tyranosaurus, hoxe tóaclle ao…
6. Hadrosaurus
Hadrosaurus foulkii é a única especie coñecida do xénero extinto Hadrosaurus de dinosauro ornitópodo hadrosáurido, que viviu a finais do período Cretácico, Hai aproximadamente entre 80,5 a 78,5 millóns de anos, no Campaniense, no que hoxe é América do Norte.
De andar bípedo, o Hadrosaurus podía utilizar as súas patas dianteiras para sosterse ao alimentarse. Como todos os hadrosáuridos, era herbívoro, a conformación dos seus dentes suxire que se alimentaba de follas e ramalletes. Estímase que mediu uns 8 metros de lonxitude e entre 3 de altura, pesando 3 toneladas. Tiña un pico similar ao dos patos co que arrincaba as follas das árbores.
Durante moitos anos os científicos creron que o Hadrosaurus mantiña un estilo de vida parecido ao dos anfibios, nos lagos e comendo plantas silvestres acuáticas. Pero Hadrosaurus vivían nunha zona con poucas plantas acuáticas, pero con abundantes salgueiros e carballos. En 1922 analizouse o contido do estómago dun hadrosáurido e acháronse sementes e ramas.
FONTE: dinosaurpictures.org e es.wikipedia.org Imaxes:
Mañá outro dinosauro norteamericano!
0 comentarios