CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA? XIII
Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.
A contestación correcta á pregunta de onte é Cabezón do Trega. Trátase dunha cabeza antropomorfa labrada en pedra na que aparecen perfectamente definidos nariz, ollos e orellas, ademais dunha liña de relevo na parte traseira que parece delimitar un casco ou o cabelo. Rafael Rodríguez, director da escavación, aventura unha posible función protectora desta cabeza de guerreiro de entre o século I a. C. ao I d. C. que depositada no exterior da muralla, ofrece protección aos habitantes en analogía coas têtes coupés, cabezas cortadas da Galia.
E imos coa pregunta de hoxe!
13. Heinrich Schliemann foi o descubridor da mítica cidade onde o poeta Homero sitúa a acción da súa epopea, a Ilíada. Pero sabes onde se atopan as ruínas de Troia?
- Nas ladeiras do monte Ida, en Creta
- No outeiro de Hissarlik, preto do estreito dos Dardanelos, en Turquía
- Na península do Peloponeso, aos pés do monte Taigeto
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org Imaxe: historia.nationalgeographic.com.es
0 comentarios