Blogia
vgomez

PREMIO NOBEL DE QUÍMICA 2016

PREMIO NOBEL DE QUÍMICA 2016

Jean-Pierre Sauvage, Fraser Stoddart e Bernard Feringa / Imaxe: es.euronews.com

A Real Academia das Ciencias de Suecia concedeu hoxe o premio Nobel de Química ao francés Jean-Pierre Sauvage, ao británico Fraser Stoddart e ao holandés Bernard Feringa por "deseñar e producir máquinas moleculares". Os investigadores desenvolveron moléculas con movementos controlables, que poden levar a cabo tarefas cando se lles proporciona enerxía. O traballo dos tres "demostra como a miniaturización da tecnoloxía pode conducir a unha revolución", segundo indicou a Academia nun comunicado.

Jean-Pierre Sauvage (París, 1944), profesor da Universidade de Estrasburgo, foi o pioneiro en 1983, cando enlazou dúas moléculas con forma de anel formando unha cadea, denominada catenano.

Fraser Stoddart (Edimburgo, 1942), profesor da Universidade Northwestern (EE UU), en 1991, deu o segundo paso ao desenvolver un rotaxano, unha arquitectura molecular similar a un anel atrapado no interior dunha mancuerna de ximnasio.

Bernard Feringa (Barger-Compascuum, 1951) foi o primeiro que construíu un motor molecular. En 1999, logrou unha pa de rotor molecular que viraba continuamente na mesma dirección, cando os científicos achegaban luz ultravioleta.

As aplicacións son inimaxinables, segundo sinalou o propio Feringa na cerimonia. "Sintome como os irmáns Wright cando voaron por primeira vez hai un século e a xente preguntáballes que para que se necesitaba unha máquina voadora", declarou o investigador, da Universidade de Groninga. "Pensa en robots diminutos que os médicos do futuro inxecten nas túas veas para que vaian buscar células cancerosas", puxo como exemplo.

FONTE: Xornal El país/Ciencia

0 comentarios