Blogia
vgomez

NON TE DEITARÁS SEN SABER UNHA COUSA MÁIS (XV)

NON TE DEITARÁS SEN SABER UNHA COUSA MÁIS (XV)

Cobra e cascabel / Imaxe: tusimagenesde.com

OS PERIGOS DOS VELENOS DA NATUREZA

173.000 ANIMAIS: Estímase que existen entre 140.000 e 173.000 especies animais velenosas no mundo, aínda que moitas delas non foron descubertas. Doutra banda, calcúlase que un terzo de todas as plantas coñecidas conteñen tóxicos para o ser humano.

1.000 MOLÉCULAS TÓXICAS: Os velenos dalgúns animais son auténticos cocktails de sustancias tóxicas. Os máis complexos teñen unha mestura de ata 1.000 moléculas tóxicas, a maioría son miniproteínas chamadas péptidos que teñen á súa vez entre 10 e 100 aminoácidos.

600 SERPES VELENOSAS: Coñécense unhas 600 especies velenosas de serpe que morden a cinco millóns de persoas cada ano. Entre o 50 e o 70% das súas mordeduras causan envelenamento a 2,4 millóns de persoas ao ano, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS).

125.000 MORTES: Pese ao desenvolvemento de antídotos, a OMS estima que entre 94.000 e 125.000 persoas morren cada ano por veleno de serpe, pois a maioría reside en zonas pobres do sueste asiático e África. Outras 400.000 sofren amputacións e/ou diversos problemas de saúde causados polo veleno.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

0 comentarios