ILLAS ESPAÑOLAS MENOS COÑECIDAS III
Continúo coa serie adicada a esas illas españolas "menos coñecidas", pero que tamén teñen o seu encanto.
Se onte falamos das Illas Chafarinas, hoxe tocalle o turno as illas Columbretes.
3. Illas Columbretes
As illas Columbretes son un conxunto de catro grupos de illas volcánicas que sumadas posúen 0,19 km², situadas a 30 millas (48,2 km) ao leste do Cabo de Oropesa, integradas no termo municipal de Castelló de la Plana, na provincia de Castelló.
Os grupos de illas son: a Illa Grossa, A Ferrera, A Foradada e O Carallot. Ademais, existen no arquipélago numerosos escollos e baixos.
Na actualidade o arquipélago é parte dun parque natural que acolle algunhas especies en perigo de extinción, como o falcón de Eleonor e a gaivota de Audouin (ou gaivota corsa) e os seus fondos son unha Reserva de Pesca de grande importancia que contribúe á rexeneración de numerosas especies pesqueiras da zona, como a lagosta.
FONTE: gl.wikipedia.org Imxes: gl.wikipedia.org e mapa.gob.es
Continurá...
0 comentarios