Blogia
vgomez

CATRO NOMES NOVOS NA TÁBOA PERIÓDICA

CATRO NOMES NOVOS NA TÁBOA PERIÓDICA

 

A táboa periódica aumenta a súa familia de elementos con catro nomes adicionais. Desde hoxe, a súa sétima fila contén oficialmente catro novos inquilinos: os elementos 113, 115, 117 e 118 foron bautizados como Nihonio, Moscovio, Téneso e Oganesón, respectivamente. O primeiro deles foi descuberto por científicos do Instituto Riken en Xapón; o resto, por equipos científicos diseminados entre Rusia e Estados Unidos, todos eles integrados desde xaneiro pasado na táboa periódica.

Os novos elementos xa foron acordados pola IUPAC (A Unión Internacional de Química Pura e Aplicada) encargada de aprobar os cambios. Segundo as normas do organismo, os nomes deben estar relacionados cun lugar, unha rexión xeográfica ou un científico.

Nihonio provén da palabra "Nihon", unha palabra de orixe nipón; Moscovio, fai referencia a Moscova, a capital de Rusia; Téneso, provén do estado de Tenesee (EE UU) debido a que esta rexión é pioneira en investigación en canto ao mundo da química refírese e convértese así no segundo estado en verse reflectido na táboa periódica, tras California (correspondente ao elemento 98). Por último, Oganesón foi nomeado así en honra ao físico ruso Yuri Oganessian, de 83 anos. Por segunda vez na historia, un científico en vida ten a honra de ver o seu nome escrito nun elemento.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

0 comentarios