ÁLOE
Aplicacións do a´loe / Imaxe: Clinica Hernadent
O áloe ou acebre é un arbusto de talo curto cuberto de follas dentadas na contorna. Pero, sabías que do áloe pódense extraer múltiples beneficios? Ademais, é unha planta fácil de manter no xardín ou mesmo unha maceta. Bota unha ollada ao que esta planta pódeche ofrecer.
Absorción de minerais e vitaminas: O áloe contén moitas vitaminas (A, C, E, B1, B2, B3, B6, B12) e ácido fólico. Tamén ten minerais, entre os que se atopa o calcio, cinc, cromo, selenio, ferro, cobre, magnesio, entre outros.
Ten un alto nivel de aminoácidos e ácidos graxos, que fan que as proteínas queden no noso organismo.
No áloe existen ao redor de 22 aminoácidos, dos cales 8 son imprescindibles para o organismo. Ademais, contén 3 esteroles vexetais que axudan a diminuír as graxas no sangue e reducir calquera tipo de alerxia.
Facilita a dixestión: O áloe é perfecto para limpar o tracto dixestivo. Ademais, o xel que compón o áloe é bo para o colon, xa que promove o refugallo das sustancias sobrantes a través do tracto intestinal. Tamén alivia a inflamación do colon.
Ten propiedades reguladoras e calmantes. O áloe mantén a saúde do intestino e axúdanos a ter sempre unha flora intestinal normal e libre de bacterias.
Beneficia a saúde cardiovascular: O áloe axuda a osixenar o sangue e distribuír os glóbulos vermellos polo corpo. Contén nutrientes que axudan a diminuír o colesterol e que regulan a presión arterial, mellorando notablemente a circulación.
Estimula o sistema inmune, xa que conta con polisacáridos que estimulan os glóbulos brancos do sangue para axudarlles a combater os virus. Así, o áloe potencia un sistema inmunológico resistente e rápido para combater calquera bacteria ou virus que puidese entrar no noso organismo.
Propiedades curativas na pel: O áloe conta con propiedades que axudan a sanar feridas. Ademais, se se aplica directamente sobre a pel pode aliviar as dores e irritacións en abrasiones ou queimaduras. Tamén é beneficioso para tratar a psoriasis, enfermidade crónica da pel que produce lesións escamosas engrosadas e inflamadas.
Xa sabes, aloe, unha farmacia natural!
FONTE: Blog.día.es
0 comentarios