Blogia
vgomez

UN BÓLIDO IMPULSADO POR HIDÓXENO

 

España, anos setenta. Un estremeño chamado Arturo Estévez Varela percorre as estradas do país cunha motocicleta e un recipiente para a auga, coñecido na súa a terra como "botijo". En cada parada, e unha vez congregada a prensa local e un bo número de curiosos, demostra que o seu vehículo pode andar con auga, botando primeiro un grolo do "botijo" e enchendo despois co mesmo líquido o depósito. Algúns artigos da época cualifican ao enxeñeiro como un xenio que vai conseguir que España se libre da crise do petróleo. Pero o inventor, xeneroso e patriota (quería doar o seu invento á o estado para o ben da humanidade) desaparece pouco despois e non existen rexistros da súa patente de motor con auga en ningún sitio. A historia, situada nunha época escura, nos últimos anos da ditadura franquista, dá para teorías da conspiración e conxecturas varias sobre os poderes económicos enfrontados ao individuo que busca o ben común. A realidade (parece) é que a idea de Estévez Varela foi un achegamento ao coche de hidróxeno, un proxecto que aínda hoxe continúa investigándose. Mesturando a auga con boro, o inventor estremeño conseguía producir hidróxeno mediante un proceso químico para propulsar o motor da súa motocicleta.

A tecnoloxía que actualmente están a estudar varios fabricantes dentro da industria do automóbil ten como base o mesmo proceso químico que a motocicleta de Estévez Varela, aínda que por suposto moito máis evolucionada despois de catro décadas de probas e prototipos. Hoxe os coches impulsados por pilas de combustible de hidróxeno funcionan con motores eléctricos, cuxas principais vantaxes radican na súa eficiencia e a ausencia de emisións contaminantes. Aínda que menos coñecidos que os híbridos ou os eléctricos alimentados por baterías que se conectan á rede, os vehículos de hidróxeno aparecen como outra alternativa máis á necesaria substitución dos combustibles fósiles.

Dentro dos proxectos que buscan avanzar na investigación deste tipo de motores destaca o impulsado pola universidade holandesa de Delft. Desde o ano 2007 un grupo de estudantes do seu centro de tecnoloxía traballan nun coche de carreiras alimentado por hidróxeno. Forze H2, nome do equipo de competición da universidade, construíu neste tempo seis coches e batido varios records de velocidade con este tipo de vehículos, un logro nada desdeñable para un proxecto coordinado e dirixido completamente por novos estudantes. Mats Dirkzwager, director do equipo, cre que o futuro do hidróxeno é moi prometedor: "Os fabricantes de coches están cada vez máis interesados nesta tecnoloxía. Déronse conta de que a demanda do público cara a solucións ecolóxicas crece día a día".
 
FONTE: José L. Álvarez Cedena/Xornal El País

0 comentarios