BURBULLAS XIGANTES NA VÍA LÁCTEA

Ilustración das dúas xigantescas burbullas de raios gamma no centro do plano da Vía Láctea / NASA-GODDARD SPACE FLIGHT CENTER
A revista The Astrophysical Journal acaba de publicar que o astrónomo Doug Finkbeiner e dous estudiantes de doctorado (Meng Su e Tracy Slatyer) descubriron dúas burbullas xigantes de raios gamma na Via Láctea analizando datos tomados polo telescopio "Fermi".
As dúas xigantescas burbullas, de 25.000 anos cada unha, exténdense dende o centro da Vía Láctea, ao Norte e ao Sur do plano galáctico. Non se detectaran ata agora e non se coñece a súa orixe, pero os científicos especulan que podería tratarse do remanente dunha erupción do entorno dun buraco negro supermasivo. As dúas burbullas poderían tamén haberse formado a partir do gas de procesos masivos de formación de estrelas xigantes preto do centro galáctico hai varios millóns de anos.
0 comentarios