ADIVIÑA O ANIMAL XI
A contestación correcta á pregunta de onte é ARAÑA PAVÓN.
Dentro do mundo dos invertebrados, a araña pavón (Maratus volans) é en grao sumo rechamante que podemos atopar na natureza. Esta araña habita en Australia e é a máis popular de entre todas as especies deste xénero. Hainas de moitas cores: normalmente marrón escuro con franxas vermellas e verdes na parte superior do abdome e estampados con raias anchas de cor azul e marrón. Os machos ostentan cores moi rechamantes: amarelo, azul e laranxa e para cortexar utilizan esa especie de "á" que vemos na foto.
E agora, a pregunta de hoxe:
O seu veleno é 16 veces máis potente que o da cobra. Que serpe é?
- Víbora da morte
- Mamba negra
- Serpe de casacabel
- Serpe malaya
Mañá a solución e... unha nova proposta!
FONTE: Revista Muy Interesante
0 comentarios