ILUSIÓNS ÓPTICAS V: A ILUSIÓN DA TONALIDADE MÁIS GRANDE
As figuras de xadrez de ambas as fotografías son as mesmas e teñen a mesma cor. Só varían as nubes que hai no fondo, que fan que nos parezan figuras brancas detrás de nubes escuras ou figuras negras detrás de nubes claras. Esta ilusión é obra de Barton Anderson e Jonathan Winawer.
Trátase dunha ilusión de brillo que funciona a gran escala. As ilusións previas de contraste funcionaban de forma local, pero esta fano en imaxes moi grandes, a pantalla completa e mesmo con movemento. Esta ilusión indica que para o cerebro non existen os termos absolutos: non hai un negro ou un branco como tales. Todo depende do contexto e con que se compare.
Neste caso e como en moitas ilusións, non podemos obrigarnos a ver as figuras da mesma cor, aínda que saibamos de maneira intelectual que o que vemos non é correcto. Estas ilusións forman parte da propia circuitería neuronal. Para velas iguais hai que eliminar o fondo.
FONTE: Verne/Xornal El País
0 comentarios