ADIVIÑA O MONUMENTO NATURAL VII

A contestación á pregunta do día anterior é CATARATAS VICTORIA.
Este salto de auga atópase no río Zambeze, na fronteira de Zambia e Zimbabue, en África. Ten unha anchura aproximada de 1,7 quilómetros e 107 metros de altura dos que caen máis de 60 millóns de litros de auga por minuto. O estrondo que fai é sobrecogedor. As cataratas Vitoria foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1989.
E agora, a pregunta de hoxe:
En que país se atopa este monumento natural coñecido como "Castelo de algodón"?
- Turquía
- Irlanda
- Ecuador
Mañá a solución e... unha nova proposta!
FONTE: Revista Muy Interesante
0 comentarios