Blogia
vgomez

ALBERT EINSTEIN IV

test-einstein4

A contestación á pregunta do día anterior é O COMPÁS.

Grazas ao compás, Einstein descubriu a maxia da física. Foi un dos primeiros momentos de asombro na súa vida: descubriu un compás magnético do seu pai cando tiña catro ou cinco anos. O feito de observar como a agulla sinalaba sempre na mesma dirección deixoulle completamente fascinado.

E agora, a pregunta de hoxe:

Cal destas frases non é de Einstein?

- "A mente é como un paracaídas... Só funciona se a temos aberta?

-  "O maior misterio do mundo é que resulta comprensible"

- "As persoas tranquilas e silenciosas son as que teñen as mentes máis fortes e ruidosas"

- "Dúas cousas son infinitas: a estupidez humana e o universo; e non estou seguro do segundo"  

Mañá a solución e... unha nova proposta!

FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante

0 comentarios