Blogia
vgomez

MINERAIS RAROS IV: OTTOITA

A xeoloxía é un campo incriblemente diverso co que podemos aprender moito sobre o noso planeta Terra. Unha das facetas máis curiosas desta ciencia é a dos minerais máis raros do planeta.

Hai minerais moito máis estraños que os diamantes; máis de 5.000 especies minerais coñecidas na Terra, desde o omnipresente cuarzo pasando pola finguerita, a ichnusaite, a nevadaita, da que no último día falamos, ou o protagonista de hoxe a ottoita.

A ottoita, cuxo microscópico tamaño fai que sexa moi difícil de atopar. Este raro mineral incorpora telurio á súa composición, o que suma aínda máis puntos á súa singularidade.

Sistema cristalino: Monoclínico

A súa fórmula é Pb2TeO5

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e elpais.com/ciencia       Imaxe: Robert Downs (Universidade de Nevada)

0 comentarios