SOLUCIÓN: CANTAS POMBAS HAI?
Despois dunha lectura axeitada do problema, facemos o plantexamento:
Como non sabemos cantas son, poñeremos como X o seu número.
"As que somos (X) e tantas como as que somos (X), e a metade das que somos (X/2), e a metade da metade das que somos (X/4), e contigo, gavilán, (+1) somos cen (=100).
Polo tanto: X + X + X/2 + X/4 + 1 = 100
Despois de resolver esta ecuación, o resultado X= 36
A bandada estaba formada por 36 pombas!
0 comentarios